FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES: CAMPIONATO DE LIGA 2010/11

O Santaballés segue con paso firme para acadar o título de liga de veteranos da presente temporada, logo de golear ó Cafetería Bahía na décimo cuarta xornada de liga. Mobles Eume, segundo clasificado, superou tamén con claridade a Los Bidones. Igualmente tiveron vitorias folgadas As Pontes 74 sobre Xuntanza, A Cepa ante MMYPEN e Construcións Guerreiro diante de La Galaxia.

RESULTADOS 14ª XORNADA
Xuntanza – As Pontes 74 (1-4)
Los Bidones – M. Eume (1-8)
Santaballés – C. Bahía (4-0)
A Cepa – MMYPEN (3-1)
C. Guerreiro – La Galaxia (4-0)
Descansou: Farmavida

veteranos_01.jpg


Continúa na primeira posición da clasificación o Santaballés, con 35 puntos. A continuación están Mobles Eume e As Pontes 74, con 29 puntos, C. Guerreiro (20), C. Bahía (18) Farmavida e Xuntanza (16), A Cepa (14), La Galaxia (9), Los Bidones (7) e pecha a clasificación MMYPEN cun só punto. C. Guerreiro ten dous partidos, mentres que figuran cun partido menos Farmavida, La Galaxia, Xuntanza e MMYPEN.
En canto ós goleadores, segue na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 16 goles; seguido de Pepe, do mesmo equipo, con 15. A continuación están Fernández (A Cepa), con 11; Carlos Mieres (Santaballés), con 10, e Vila (As Pontes 74) e Manel (Mobles Eume), con 9.

15 ª XORNADA (5/6-02-2011)
La Galaxia – Farmavida (5, 19,00)
M. Eume – Xuntanza (5, 20,00)
MMYPEN – Los Bidones (6, 10,00)
C. Bahía – A Cepa (6, 11,00)
As Pontes 74 – C. Guerreiro (6, 12,00)
Descansa: Santaballés

veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios