FÚTBOL VETERANO – LIGA DE AS PONTES

De novo o Farmavida recuperou o liderato despois dos triunfos acadados esta fin de semana diante do Santaballés (3-0), en partido da xornada 17ª que fora aprazado polo temporal, e As Pontes 74 (1-0). Segue sen coñecer a vitoria o La Galaxia, que nesta xornada sumou o noveno empate do campionato. Vitorias da Cepa e Xuntanza sobre Los Bidones e Santaballés. Non se disputou o encontro entre Construcións Guerreiro e Frutas Luis.

Farmavida-2009-10.jpg

Farmavida 2009/10


A Cepa – Los Bidones (4-1)
La Galaxia – Mobles Eume (0-0)
Farmavida – As Pontes 74 (1-0)
Santaballés – Xuntanza (3-4)
Cons. Guerreiro – Frutas Luis (suspendido)
Descansou: MMYPEN
Partido aprazado (17ª xornada)
Farmavida – Santaballés (3-0)

Xuntanza-2009-10

Xuntanza 2009/10

A falta dunha xornada para o remate da liga, encabeza a clasificación Farmavida, con 44 puntos, seguido de Construcións Guerreiro con 40 (un partido menos), Santaballés, con 34; As Pontes 74, con 31 puntos; A Cepa (29), Frutas Luis e Mobles Eume (26), Xuntanza (26), Los Bidones e La Galaxia (9) e pecha a clasificación MMYPEN con 4 puntos.
Segue liderando o trofeo “Pichichi”, ó máximo goleador do torneo, Fernández (A Cepa), con 28 goles, seguido por Toni (Mobles Eume) con 21. Con 13 goles están Vila (As Pontes 74), Michel (Frutas Luis) e Mariño (Farmavida); con 12 Salido (Farmavida) e Felipe (Santaballés). Luis Pico, de Farmavida, segue a ser o porteiro menos goleado con 19 tantos encaixados noutros tantos partidos.
A derradeira xornada de liga dispútase o segunda fin de semana de abril, con estes partidos:
MMYPEN – La Galaxia (Sábado 10, 19,00)
Xuntanza – A Cepa (Sábado 10, 20,00)
As Pontes 74 – Santaballés (Domingo 11, 10,00)
Mobles Eume – Farmavida (Domingo 11, 11,00)
Descansa: Frutas Luis
Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Veteranos

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios