Amigus
As Pontes

Gema Buitrón finaliza a competición individual da Copa do Mundo en 49ª posición

A arqueira pontesa Gema Buitrón finalizou en 49ª poisción a súa participación na proba individual de recurvo correspondente á Copa do Mundo que se está a disputar en Shangai. Perdeu na rolda de trintaedousavos ante a polaca Iwona Marcinkiewicz por 104-97, a mellor das españolas foi a ibicenca Beatriz Cabrero, que pese á que onte non foi o seu día e rematou en posicións moi retrasadas nas calificatorias, deronselle moito mellor as eliminatorias e venceu á ucrania Kushniruk (106-106. 10-8), á rusa Segina (105-104), para acabar perdendo en oitavos ante a xaponesa Kanie (106-103), finalizou 13ª. As outras españolas perderon en primieira ronda, a tamén ibicenca Magali Foulón perdeu ante a xaponesa Matsunaga (103-102), acabou 40ª, e Helena Fernandez ante a india Banerjee (105-85) e acabou na 54ª posición. A final disputarana a coreana Yun Ok-Hee contra a francesa Berengere Schuh, polo bronce a coreana Ye Ji Kwak contra a china Ling Zhao


Na competiciñon masculina non foron mellor as cousas e o español mellor clasificado foi o balear Daniel Morillo que venceu ó alemán Rohrberg (111-107) pra acabar perdendo en dezaseisavos ante o gran favorito, o coreano Jin Hyek Oh (110-107). Acabou 21º. Os demáis españois perderon na primeira rolda, Elías Cuesta (34º) ante o australiano Sky (111-108), Andrés Gómez (40º) co ucranio Ivashko (112-107) e Raúl Riera (45º) ante o indio Banerjee (114-105). A loita polo ouro e polo bronce deparará un doble duelo Corea contra China, Jin Hyek Oh contra Wenyuan Cheng e Im Dong-Hyun contra Chu Siang Chen.
Mañá será a competición por equipos, en homes España enfrontarase a Xapón, e en feminas Cabrero, Foulón e Buitrón mediranse contra Alemaña.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios