Gema Buitrón finaliza 53º nas calificatorias da Copa do Mundo

No estreo da Copa do Mundo de Tiro con Arco en Porec (Croacia), Gema Buitrón quedou 53º nas roldas calificatorias e conseguiu o pase ós trintaedousavos de final a disputar mañá.
Nunha proba de moito nivel obtivo a mellor marca a polaca Justyna Mospinek con 648 puntos, por 647 da rusa Elena Kuznetsova e 644 da india Laishram Devi. Gema obtivo 602, namentres que no resto da delegación española, Magali Foulón foi 58º con 598 puntos e Helena Fernández 61º con 591. Á noviña Irene Delgado puidolle a responsabilidade e foi a única que non se clasificou para a ronda final quedando 80ª con 451 puntos.


Pero difícil o terán na rolda final, pois a pontesa enfrontarase á numero 12, a perigosa ucrania Victoriya Koval, Magali coa número 7, Jennifer Nichols, de Estados Unidos, e Helena Fernández coa número 4, nin máis nin menos que a chinesa Ming Cheng.
Por equipos as tres representantes españolas conseguiron a 14º posición con 1971 puntos e accederon á rolda de oitavos de final, na que se enfrontaran as 3º clasificadas, Polonia (1894 puntos), que conta nas súas filas con Lipiarska, Marcinkiewicz, e a gran Mospinek. Na proba por equipos femininos a mellor puntuación obtivoa Bielorrusia con 1904, seguida de China, 1900.
Por equipos mixtos, España non puido clasificarse, pois a suma de puntos entre os primeiros de cada equipo, Daniel Morillo (648) e Gema Buitrón (602) levou ó cadro estatal a 1250 puntos, quedando na 18º posición, a 11 puntos da 16º plaza de Bélxica, a última que daba acceso ós oitavos de final.
Mañá serán as eliminatorias individuais e por equipos mixtos, e o venres as eliminatorias por equipos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios