Gema Buitrón perde ante a rusa Natalia Erdyniyeva por 113-112

De sensacional se pode calificar o concurso da pontesa Gema Buitrón (1989) e das súas compañeiras Foulón (1987) e Cabrero (1989) no seu estreno nun Mundial Absoluto. Na ronda de dezaseisavos de hoxe, a pontesa perdeu por un so punto ante a rusa, que onte conseguiu a 7º mellor puntuación, por 113-112, igual sorte correu Magali Foulón, que perdeu ante a mexicana Mariana Avitia por 115-113. Competición excelente a da balear Beatriz Cabrero, que en dezaseisavos venceu a alemana Possner 116-115, anque logo perdeu en octavos ante a holandesa Hurkmans, 116-113. Gema Buitrón finaliza o Mundial de recurvo individual feminino nunha moi meritoria 24º plaza, Foulón 22º e Cabrero acada unha sensacional 10º plaza.


Na competición de homes non foi tan ben a cousa, Andrés Gómez, que onte foi 2º nas calificatorias, perdeu en dezaseisavos co polaco Goly, que onte clasificou 31º, por 116-114, si pasou ronda o balear Daniel Morillo, que venceu ó asutriaco Dornhofer por 116-110, anque logo caeu en octavos ante o xaponés Yoshinaga 112-109.
As finais serán o domingo, en homes, polo ouro enfrontaranse o polaco Dobrowolski contra o búlgaro Hristov, polo bronce o francés Valladont contra o polaco Goly. En mulleres polo ouro, a alemana Winter contra a italiana nacionalizada Valeeva, polo bronce a xaponesa Hayakawa contra a francesa Berengere Schuh, que onte nas calificatorias bateu o record do mundo.
O domingo tamén se disputará a ronda final da competición por equipos, onde está clasificado o equipo masculino, e o equipo feminino de Foulón, Cabrero e Gema, que onte nas calificatorias obtivo a 7º puntuación.
Descargar os resultados (pdf)
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios