Gema Buitrón perde no desempate ante a estadounidense Kristin Braun e finaliza na 31ª posición

A arqueira pontesa Gema Buitrón perdeu noa ronda de dezaseisavos de final ante a norteamericana Kristin Braun no desempate, 96-96 (10-7). Para chegar a esta ronda Gema venceu trintaedousavos de final a arqueira grega Anita Evi Atla por 102-92.


Non lle foron moito mellor as cousas ás súas compañeiras de selección, Magali Foulón perdeu na rolda de trintaedousavos de final ante a india Chekrovolu Swuro por 108-100 e acabou na 45ª posición, algo mellor lle foi a Beatriz Cabrero que venceu en dezaseisavos á alemana Christina Schaefer por 100-98, perdendo logo en dezaseisavos con unha das favoritas, a italiana Natalia Valeeva por 109-106, acabando en 20ª posición. A final disputarana a china Zhao e a italiana Lionetti, mentres que a loita polo bronce enfrontará a alemana Possner coa francesa Schuh.
Na competición masculina o mellor dos arqueiros españois foi Daniel Morillo, eliminado en dezaseisavos de final. Polo ouro competirán Galiazzo de Italia contra o indio Talukdar, polo bronce o estadounidense Ellison contra o francés Valladont.
Nos vindeiros días disputaránse as competicións por equipos.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios