GOENTE CELEBROU ESTA FIN DE SEMANA O ROSARIO

Se hai sete días San Martiño de Goente encheuse de xente –máis de mil persoas- con motivo da primeira edición da “Feira do Queixo e do Mel”, non menos houbo esta pasada fin de semana, xa que numeroso público achegouse cada xornada a esta parroquia pontesa –outrora da Capela- que celebrou as súas tradicionais festas da Virxe do Rosario, popularmente coñecidas como “As Sete Festas”, pois, segundo a tradición, a desta parroquia era a sétima e derradeira celebración das festas do contorno.
Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras “Marbella” e “Charleston”. O sábado os veciños e visitantes gozaron da música das orquestras “La Bámbola” e “Gran Parada”. A derradeira xornada, o domingo 18, comezou co repique de foguetes seguida da misa adicada á Virxe do Rosario e cantada pola Coral “Airiños da Capela” e polo serán a derradeira verbena coa orquestra “Panamá”.
goente_014.jpg


A NOSA SEÑORA DO ROSARIO
É unha advocación mariana venerada no catolicismo que se celebra o día 7 de outubro. Conta a lenda que a virxe apareceuse en 1208 a Santo Domingo de Guzmán nunha capela do mosteiro de Prouille (Francia) cun rosario nas mans, aprendeullo a rezalo e díxolle que o predicara entre a poboación.
A primeira capela foi construída por Simon IV de Monfort, que lle atribuíu a esta virxe a súa vitoria na batalla de Muret. No século XVI o papa Pío V instaurou a súa festividade o 7 de outubro con motivo do aniversario da batalla de Lepanto (1571) para celebrar a liberación do mundo occidental da ameaza turca.
A súa advocación está moi estendida por toda España (A Coruña venera á Virxe do Rosario dende 1589 pola axuda que, segundo a tradición, prestou ós seus habitantes para liberar a cidade do asedio das tropas inglesas), Francia (Notre-Dame-du-Rosaire de Lourdes) e Latinoamérica.
SAN MARTIÑO DE GOENTE
Está situada ó oeste do concello limitando co da Capela e as parroquias de Seixo, Vilavella, Ribadeume, Faeira e Eume. É unhas das parroquias máis poboadas, con 225 habitantes, que viven nos lugares do Ar, As Caibancas, Ferreiras, A Pena do Millo, O Palmeiro, A Pena do Tizón, O Picovello, O Piñeiral, O Porto dos Frades, Regalados e Goente, que está considerado como núcleo de poboación, con 140 habitantes, comprendendo os lugares do Empalme, A Cabana, Os Ameneiros, Os Sánchez, A Igrexa, Porto Liñares e As Congostras.
Na década dos anos oitenta do século pasado varias foron as aldeas (Cornas, Meizoso, O Pazo, O Seixo, O Val e A Veiga) que desapareceron por mor da expansión da mina de carbón. Ocupa unha superficie total de dezasete quilómetros cadrados.
Está bañada polos regos do Seixo, A Capela, O Val e Palmeiro. É unha parroquia montañosa con elevacións superiores ós 500 metros, destacando o Fontardión (665 m), a Pena da Auga (605 m) e o Pico de Laurentín (508 m). A igrexa parroquial está no núcleo de Goente. É de construción antiga, aínda que o campanario, de dúas espadanas, é máis recente. Na súa fachada hai unha placa adicada a Eduardo Ferreiro García, o cura que durante case cincuenta anos foi párroco desta parroquia (1941-1990), onde era moi querido e apreciado polos seus fregueses. Enfronte do novo cemiterio, no lugar das Congostras, sitúase a capela de San Roque do Val, que conta cun interesante cruceiro.
Goente (As Pontes), 19 de outubro de 2009 (AF)
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg
goente_014.jpg

También podría gustarte
Comentarios