Amigus
As Pontes

Gran actuación de Borja Prieto nos controis selectivos de cara ó Mundial de Poznan

O palista pontés Broja Prieto Valera firmou onte unha brillante actuación nos controis de selección levados a cabo no embalse pontevedrés de Pontillón en Verducido.
Na proba de K1 1000 metros acadou o segundo posto, por detrás de Emilio Llamedo, e culminou vencendo a última hora da tarde no K1 500 metros por diante do tamén asturiano Fran Llera, que gañou o K1 200.
Agora á espera da convocatoria oficial que se levará a cabo a semana que ven por parte da Real Federación Española queda a incógnita de saber si Borja dobrará no K4 1000 metros e no K1 500.
Os Mundiais disputaranse na cidade polaca de Poznan do 19 ó 22 de Agosto próximos.
borja_prieto.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios