A xogadora pontesa Raquel Béjar Castro ven de xogar esta fin de semana en Asturias coa selección galega sub16 a segunda fase do Campionato de España.
No primeiro partido empataron coa selección local, 2-2, despois de ir a remolque todo o encontro, este empate foi vital pra o cadro asturián, que ó igual que a selección de Madrid, gañou todos os seus encontros no torneo agás o que empataron con Galicia tanto asturianas como madrileñas.
No seguno encontro, máis cómodo, venceron a Murcia 1-4. Raquel xogou os dous encontros de titular.
Galicia pecha a súa participación con dúas vitorias ante A Rioxa (6-4) e Murcia (4-1) e dous empates ante Madrid (2-2) e Asturias (2-2) co que quedou a un so punto de clasificar á Fase Final.
Lidera Cataluña con 12 puntos, por 10 de Asturias e Madrid, e 9 de Navarra, estas son as catro seleccións clasificadas para semifinais. Fora por pouco quedan a Comunidade Valenciana e Galicia con 8 puntos, Castela A Mancha 7, Baleares 6, Aragón e País Vasco 5, Andalucía, A Rioxa e Extremadura 3, Canarias 1, e Castela León e Murcia sen puntuar.
No torneo sub18 clasificaron Madrid, Cataluña, Castela A Mancha e a Comunidade Valenciana.
Nova cortesía de Xose Ferreiro. Fotos cortesía Federación Asturiana de Fútbol.