Günter Grass: novo libro

Lendo elmundo.es:
“O seu amor polo baile e o erotismo e a experiencia da guerra son os temas centrais do novo libro do Premio Nobel de Literatura Günter Grass, que salirá mañá á venda no mercado alemán.”…


…” ‘Letzte Taenze’ (‘Derradeiras danzas’) é o título do volume, no que Grass mixtura debuxos con poemas e que surxiu dun proceso de creación típico do escritor alemán, quen tras rematar unha novela toma distancia do traballo narrativo e empeza a pintar ou a esculpir, o que en ocasións inspíralle a creación de poemas.
O primeiro poema de ‘Derradeiras danzas’ da conta dese proceso na medida en que Grass conta cómo, tras remata-la súa novela ‘A paso de cangrexo’ -centrada na traxedia do afundimento dun barco cun bo número de pasaxeiros civís durante a II Guerra Mundial- quixo ocuparse dun tema alegre.
Ese tema alegre foi a danza, e Grass empezou a esculpir figuras de parexas danzando que logo deron paso a debuxos, primeiro sobre o mesmo tema e máis tarde con representacións eróticas bastante explícitas.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios