Amigus
As Pontes

Herdeiros da Crus actuará este ano na Romaría da Fraga das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Diario de Ferrol] As Pontes vive un mes de festas coa celebración do Carme e da Festa da Fraga, que encherán de propostas de ocio a última quincena pero ó abrigo das cales haberá outras iniciativas como unha Festa do Lúpulo o sábado 12 de xullo na rúa Rego do Campo ou unha mostra de música coral ese mesmo día, no Alovi. A comisión de festas deu a coñecer as actuacións musicais máis relevantes do programa, que se completarán con actividades culturais, funcións relixiosas e as tradicións propias de citas tan senlleiras como a centenaria Festa da Fraga.


As celebracións do Carme comezarán oficialmente o venres 18, aínda que as tradicións relixiosas manteranse nas datas propias da conmemoración desta Virxe. Ese día será o pregón e contarase coas actuacións do grupo Jin Tony’s Son e coas orquestras Aché e Gran Parada.
O baile do sábado 19 poñerano as formacións Filadelfia e Jerusalén, mentres que para o domingo 20 de xullo está prevista a actuación de On The Band e das orquestras Sintonía de Vigo e Satélites. Xa para o luns 21 agárdase un dos momentos máis intensos das festas, sobre todo para os afeccionados ás verbenas. Actuarán París de Noia e Panorama, ofrecendo un espectáculo que de seguro convocará a centos de persoas na localidade.
Despois da Festa do Carme chega a da Fraga, unha romaría que se levou adiante por primeira vez o 25 de xullo de 1904. Desde hai uns anos incorporouse un festival folk na véspera, que neste caso contará co grupo Balakandra, de San Sadurniño, co acordeonista pontés Andrés Penabad presentando o seu primeiro disco, os tamén ponteses Muxarega e os escoceses Skerryvore.
O propio día da Fraga haberá unha sesión vermú a cargo da orquestra Cinema. Trátase dunha das grandes atraccións desta romaría, que adoita estar pasada por auga e ofrece imaxes de multitudes embarradas. A percusión de Borumbaia animará a xornada e pola noite contarase coa música da Banda da Balbina, Herdeiros da Crus e Dakidarría.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios