HOMENAXE A ANTÓN FERREIRO

Tivo lugar na tarde do venres antes do comezo das Festas

Este venres á tarde rendiuselle unha homenaxe a Antón Ferreiro García, que fora presidente do Comité de Irmanamento As Pontes-Lesneven durante 25 anos, tamén do de As Pontes-Carmarthen, así coma xornalista deportivo e autor de dous libros sobre a historia do CD As Pontes, entre outras moitas cousas.

No evento falaron Xose Cendán, da TV e Radio pontesa, Elías Ramil, de Niño do Azor, Sara Ramos, actual presidenta do Comité de Irmanamento Lesneven-As Pontes, e Celso Barro, en nome da familia, e o Alcalde, Valentín González Formoso, estando presentes os Concelleiros, Montse García, Sonia Sueiro, Antonio Alonso e Chicho Tembrás.

Entidades culturais e deportivas da vila, ademáis do Concello, entregaron diversos agasallos á viúva e fillos de Antón, e descubriuse unha praca na súa memoria no Parque de Lesneven. Tamén tocou un grupo de gaiteiros, e ó remate do evento soltáronse ó aire unhas pombas.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios