HOMENAXE A MALENA MIERES GARCÍA

Este venres á mañá no Concello pontés

A futbolista pontesa de 18 anos Malena Mieres García foi recibida este venres pola mañá no Concello pontés tralo seu flamante título de Campiona de Europa Sub19 logrado este pasado luns despois de gañar España a Alemania 1-0 na final disputada en Suiza.

Nun acto que contaba coa presenza da tenente de alcalde Montserrat García Chavarría e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, foille entregada ademais unha placa á porteira do Deportivo.

Malena é a sétima campiona continental do deporte pontés, xunto aos piragüistas Borja Prieto e Antonio Polo, o patinador Mario Calzas, o taekwondista Gabi Tembrás, o arqueiro Miguel Alvariño, e o tamén futbolista David Rochela.

Triunfaron no seu día en Campionatos Mundiais, o propio Alvariño, Jose Cope en Kung Fu, Roberto Rivera en Kaiak Polo, Iván Pena en Waveski Surf, Artemio Formoso en Tiro, e Jose Antonio Meizoso en Futbolín.

Outros medallistas ponteses en eventos europeos e mundiais foron o piragüista Daniel Feijoo, a taekwondista Lucía Legaspi, a arqueira Gema Buitrón, a atleta Susana Castro e as patinadoras Olalla Barcia e Vanessa Carballeira.

Máis de once anos pasaron dende aquel 13 de Maio de 2007, ás 19:26, ou 19:27, en que o colexiado serbio Dejan Filipovic agarrou o seu silbato e pitou o final do partido, Inglaterra 0 – España 1, no que un gol de Bojan Krkic lle deu o título a España sub17 e ó pontes David Rochela en Bélxica.

Entremedias non podemos esquecer o meritazo de Enrique Fornos, que xogou en marzo do 2014 o Preeuropeo sub17 en Rusia coa Selección Española. Este luns 30 de Xullo, en Suiza, tralo 1-0 de España-Alemania co gol de María Llompart, Malena escribiu unha nova páxina de ouro na historia do deporte pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios