Amigus
As Pontes

I TORNEO DE FÚTBOL 8 VILA DE AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O domingo 22 as instalacións deportivas do campo do Poboado acollerán a primeira edición do torneo de fútbol-8 nas categorías de base, competición organizada polo Club Deportivo As Pontes baixo o patrocinio do Concello pontés e a comisión das festas patronais do Carme deste ano.
En total serán 25 os equipos que se acheguen ata o Poboado, oito na categoría alevín, outros tantos na benxamín e seis en prebenxamín.
Ademais do Club Deportivo As Pontes, participarán equipos da comarca ferrolá como o Racing de Ferrol, Val, Narón, Rápido de Neda, Cariño e Eume, así como o Imperátor da Coruña, Club Deportivo Lugo e Racing Vilalbés.
Os partidos comezarán ás dez da mañá (10,00), sendo a final prebenxamín ás 16,45, a benxamín ás 17,30 e a de categoría alevín ás seis e media (18,30). A entrega dos trofeos será ó remate desta derradeira final (19,30).
Cartel-Torneo-2014.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios