Ao longo desta semana celebrouse en As Pontes a segunda edición do Campus de Rugbi, no que participaron preto dunha trintena de rapaces. Nestes días os cativos non só se centraron no rugbi, senon que tamén practicaron atletismo e baloncesto, e estiveron de acampada.
Pero o rugbi non remata aquí senon que durante a fin de semana adestrará en As Pontes a Selección Galega sub14 e tamén o sábado e o domingo haberá dous cursos para monitores de rugbi que reunirán a máis de 80 persoas.
Neste último día de Campus entregaronse os diplomas a todos os participantes, contando co gran luxo da presencia dos internacionais españois, Elsa Porto, e Fran Usero, xa retirado.
Tamén estiveron o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e os presidentes, da Federación Galega, Nacho Cociña, e do Fendetestas, Toño Ferreiro.
Nova cortesía de Xose Ferreiro