III REGATA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO LAGO DE AS PONTES
DOMINGO 5 DE SETEMBRO
No incomparable escenario da Praia do Lago de As Pontes , celebrouse a 3ª regata da liga provincial puntuable para a Copa Deputación, na que participaron 353 padexeiros dos 11 clubs da provincia.
Organizada polo club de piragüismo Grupo Xuvenil de As Pontes e a Federación Galega, ca colaboración do Concello de As Pontes, Deputación provincial de A Coruña e Gadisa.
As categorías prebenxamíns, benxamíns e alevíns fixeron a regata sobre a distancia de 1500 m e as categorías infantís e cadetes percorreron unha distancia de 3000 m.
Os resultados d@s padexeiros pontes@s foron os seguintes:
Categoría home benxamín B
- Xandre Pena Antón 4º clasificado
- Xalo Tojeiro Tojeiro 5º clasificado
Categoría home benxamín A
- Xoel Timiraos Pico 1º clasificado
- Daniel Ferro Franco 4º clasificado
- Enos Prieto Permuy 6º clasificado
Categoría alevín B
- Xalo Romero Valle 1º clasificado
- Xalo Cascudo Montes 2º clasificado
Categoría alevín A
- Bruno Tojeiro Asenjo 5º clasificado
- Adrián Filgueira Fernández 17º clasificado
Categoría home infantil B
- Tomás Menéndez Prado 14º clasificado
- Fernán Nicolau Pena Antón 17º clasificado
- David Prieto Pena 24 clasificado
Categoría home infantil A
- Xalo García Paz 16º clasificado
Categoría muller infantil B
- Carmen Alén Bellas 6ª clasificada
- Nerea Tojeiro Tojeiro 7ª clasificada
- Antía García Pico 9ª clasificada
Categoría muller Cadete
- Ada Fernández Pita 1ª clasificada
- Inés Domínguez López 3ª clasificada
Na clasificación xeral por clubs o Clube de piragüismo Grupo Xuvenil acadou o 5º posto.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil