Con motivo da inauguración do Amigus Labs Centro de Arte e Creación Dixital, así como do Fab Lab As Pontes, os convidamos a participar nunha xornada de portas abertas que, servirá para dar a coñecer o espazo de máis de 200 m2, así como os proxectos que estamos a realizar e dar a coñecer os proxectos de electrónica, robótica e prototipado ou arte, todo ligado a industria 4.0, que podes realizar no fab lab promovendo o uso de software e hardware libre, así como as futuras actividades que imos realizar. É a oportunidade de ter un sitio onde innovar e levar a cabo proxectos que doutra forma non sería posible. Tamén poderás ver e coñecer as máquinas que temos para uso como impresoras 3d, cnc ou plotter de corte.
Os proxectos son abertos, realizados dentro do Fab Lab, onde calquera poder participar para fomentar a creatividade e a colaboración entre entusiastas das novas tecnoloxías ou xente que lle gusta aprender algo novo. En todos eles empregamos software e hardware libre ou de código aberto.
De 11:00 a 14:00 realizaremos un taller gratuíto de deseño vectorial usando o Inkscape, un software libre de vectores gráficos de calidade profesional para Windows, Mac VOS X e GNU/Linux. Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás o final da páxina do evento http://www.amiguslabs.org/amigus-labs-maker-19-3/.
Esperámosvos!