ISMAEL VEIGA CUARTO NA PROBA DE SUPER CROS DE RIVEIRA

O piloto pontés do Maceira Sport, Ismael Veiga Balseiro desprazouse este sábado á localidade coruñesa de Riveira pra a disputa da segunda proba do Campionato Galego de Super Cross.
Foi unha proba atípica porque en tres categorías disputaronse dúas mangas, agás en Promoción e Senior/Junior, onde so se disputou unha.


Os vencedores foron Yago Martínez en Alevín, Rubén Fernández en Promesas, Óscar Barcia en Veteráns, e Daniel Filgueira en Promoción.
Na categoría Senior/Junior nos entrenos libres e cronometrados o sensacional piloto da Capela Román Pérez foi o primeiro clasificado, igual aconteceu na única manga disputada.
Ismael acabou sexto nos libres, cuarto nos cronometrados, o mesmo posto que na manga final, a 33 segundos de Román, a 22 do líder da clasificación xeral, o junior Óscar Barciela e a 15 de Ángel Suárez, tamén junior.
A vindeira proba será o 4 de Xuño en Ameixenda.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios