Este sábado á tarde disputouse en As Pontes a cuarta edición da Escalada á Carballeira, organizada polo Clube Ciclista Terras do Eume, Clube Atletismo Olympo, e o Concello de As Pontes.
A proba tiña como saída o Pavillón Municipal, e había tres modalidades, bicicleta, con 4580 metros de percorrido, e carreira e mountain bike (BTT), ambas con 3500 metros de distancia.
En BTT impúxose o local Marcos Fernández Bellas (20:05), seguido de Luis Miguel Fustes (20:17) e David Parada (20:28). Na mesma proba, en féminas, venceu Sara Paz (37:23), seguida de Liza Mabel Caballero (40:49).
En Bici de Estrada gañou Iván José Prieto (14:54), acompañado no podio por Eulogio Francisco Grandal (15:23), e Yago Pico (15:26). Nas mulleres gañou a vilalbesa Laura Rey (19:56), seguida da locataria Obdulia García Picallo (24:47), doble gañadora do Sella, e Vanesa Bretón (28:43).
Na carreira a pé, impúxose o pontés Esteban Díaz (19:14), seguido polos tamén ponteses Miguel Vilaboy (19:42), fillo do mítico Manolo, e o gran Xose Manuel Meizoso “Minecho” (20:00). Destacar tamén a Celerino Pedreira, que con 67 anos completou a carreira a pé nuns nada desdeñables 27 minutos e 38 segundos. Nas mulleres venceu Sandra Novo (28:19), seguida de Tamara López (31:49).
Amenizou o evento o periodista da TVG, Terio carrera, e ó remate da proba fixeron entrega dos diversos trofeos, Miguel Vilaboy, do Clube Atletismo Olympo, e por parte do Clube Ciclista Terras do Eume, Roberto Rivera Rego, que fora campión galego e español de Kayak Polo co Grupo Xuvenil, e Campión Mundial sub21 coma adestrador en Xapón 2004, tras gañar os seus pupilos 4-3 a Italia na final.
Nova cortesía de Xose Ferreiro