A vindeira fin de semana, 3 e 4 de xuño, terá lugar a cuarta edición do torneo de fútbol sala de base “Festas do Carme e A Fraga 2017”.
O torneo está organizado pola comisión de festas 2017, contando coa colaboración do Club O Esteo FS, equipo da Segunda División B, e a concellería de Deportes. Serán en total 22 equipos nas categorías prebenxamín (6), benxamín (6), alevín (6) e infantil (4).
Os equipos participantes son: O Parrulo Ferrol FS, FS Pontedeume, Lugo Sala, Concello de Begonte FS, 5 Coruña FS, Cidade de Narón Futsal e O Esteo FS.
Os encontros disputaranse nos pavillóns municipal da Fraga e do colexio Monte Caxado. Os primeiros partidos comezarán ás 10:00 horas nos dous polideportivo. As finais serán o domingo 4 a partir das tres e media da tarde (15:30). Ó remate, será a entrega de trofeos.
Nova cortesía de A.F.