Amigus
As Pontes

IV TORNEO DE FÚTBOL SALA DE BASE LAGO DVSPORT

Tivo lugar durante esta fin de semana

Esta fin de semana de venres a domingo disputouse nos Pavillóns Municipal e de Monte Caxado o cuarto torneo de fútbol sala de base do Lago DVSport.

A maior alegría local foi o título Alevín, ademáis dos segundos postos Cadete e Prebenxamín, e terceiro Benxamín. Tamén os premios individuais a mellor xogador de Álvaro Roca (Alevín) e Íker Ares (Cadete), e mellor porteiro ex aequo Prebenxamín para Diego e Marcelo.

Outros dos triunfadores da fin de semana foron O Parrulo en Cadetes, Troula de Betanzos en Infantil, Lugo Sala en Benxamín, e Ribeira na categoría Prebenxamín.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.