Jazztel revoluciona o ADSL
Lendo codigocero.com:
“O novo ADSL 1 Mega de Jazztel podería levar consigo unha revolución, a xulgar polo recibimento que lle están a dar os usuarios en España. Polos mesmos 39 dunha conexión de 256 Kb, Jazztel oferta unha velocidade de baixada de 1 Mb por segundo e unha velocidade de subida de 300 Kb, é dicir, catro veces máis rápido.”…
…”Este servizo está dispoñible en zonas de Madrid, Barcelona, Valencia, Málaga, Bilbao e Alacante, e suponse que non tardará moito en chegar a Galicia. Jazztel confía en acadar os 2 millóns de habitantes para fin de ano, para iso van duplicar o número de centraliñas telefónicas, pasando das 42 actuais a 84. Cada unha delas poderá albergar entre 30.000 e 90.000 liñas.
No referente á velocidade, os técnicos da compañía estiman que oscilará entre 800 e 900 Kbs. A nova fixo que estes días a comunidade internauta española se fixese a seguinte pregunta: ¿Por que Jazztel pode ofrecer esta oferta? A resposta, segundo a propia empresa, é porque as centraliñas son deles, e non subarrendadas a Telefónica como fan o resto das compañías. Para arranxar o dilema entre tender as liñas ata cada casa ou subcontratar a conexión a Telefónica, Jazztel tomou un camiño intermedio. A liña de cada usuario a comparte con Telefónica e, ó chegar as súas centraliñas, un splitter separa o tráfico de cada subministrador. Outra razón pola cal non se rompe a relación entre os 256 Kb e os 39 é porque lles é rendible. Un 39% dos internautas usan esta tecnoloxía para acceder a Internet, a taxa máis alta de Europa.”
Fonte: codigocero.com