José Vázquez Castro (VASCO)
José Vázquez Castro naceu o 30 de decembro do 1975 en As Pontes.
Cursa estudos na especialidade de Cantería e participa no “Obradoiro de Escultura Celta, en alabastro”, impartido po-lo mestre escultor Eadhmonn Ua Cuinn (Condros).

Autodidacta de forte expresión, non dubida en facer uso dos óleos sobre de papel, tela ou madeira; fai uso da “plumiñas” coa habilidade innata do artista que leva dentro. Apaixoado po-la xente e a natureza pásaos ao papel tal como lla recolle os seus iris calidoscopios, mudando, remendando, perfeccionando…


Dende neno sinta a paixon po-las artes gráficas, que o levan dende moi peueno ao estudio de distintas técnicas de debuxo e pintura.


Os debuxos constituen unha grande parte da súa obra. Todos eles xogan coa percepción de algunha forma e adquiren o surrealismo como sinal de identidade e de existencia. Con influencias que van dende M.C., Escher, Lugris Vadillo ata Salvador Dalí ou Rene Magritte…


Na actualidade está mais adicado a pintura que o debuxo en sí mesmo. Na percura do autentico e “desexado” refrexo do que sinte e pensa. A técnica que mais usa e o óleo. Algunhas das súas obras xa fan parte de coleccions privadas.


Exposicións individuais:
2001 – O Colador – As pontes
2003 – Festa da Chanfaina – Igrxafeita (san Sadurniño)


Colectivas:
2001 – Semana da Banda Deseñada, na Sala de Arte do Mercado Vello – As Pontes.