Amigus
As Pontes

Lesneven

Situada no corazón da antiga diocese de Léon, a cidade de Lesneven ocupa unha privilexiada situación que para o mellor e o peor, selou o seu destino a través da súa historia, tanto no aspecto militar, coma no administrativo, cultural e económico.


Lesneven-Vista-8.jpg

Primeiro os celtas e despois os romanos fixeron acto de presencia nesta comarca. Posteriormente, e procedentes de outro lado da Mancha, chegaron os bretóns, que nos séculos V e VI tiveron que facer fronte as pillaxes dos piratas do Norte durante toda a Alta Idade Media.
A función de Lesneven remontase o século VI, época de Even, o Conde de Léon, celebre pola súa valentía, que estableceu a súa residencia nesta comarca. De ai que con toda probabilidade segundo escritor Miorcec de Kerdanet o nome da cidade procede da forma contracta “LezanEven”, que significa a residencia de Even.
Construíu o castelo, no que se refuxiaba a poboación da costa no caso de ataque dos saqueadores. Unha pequena urbe foise formando arredor del e xunto a igrexa, dedicada a Nosa Señora, que o duque Alain Fergent fundou no ano 1111.
O culto de San Miguel (SaintMichel) estableceuse pronto en Lesneven, o que provocou unha corrente de devoción en tódala rexión. Por iso, o papa Gregorio XI outorgou indulxencias os que contribuíron a construcción da ponte de Landerneau, que era lugar de paso para os peregrinos de San Miguel e de SaintMateheuFindeTerre, na punta de San Mateo. Esta igrexa de San Miguel e a súa parroquia foron doadas no 1216 polo duque Pierre de Dreux os relixiosos da abadía de San Sulpicio de Rennes.
No ano 1163, Enrique II rei de Inglaterra, apoderouse da cidade e arrasou o castelo, que mais adiante foi reconstruído. A poboación sufriu contrariedades no século XIV, a causa da guerra de sucesión de Bretaña e as súas desconcertantes desordes, e a finais do século XVI a causa da Liga e as súas pillaxes.
Durante a Guerra de Sucesión, Lesneven púxose a favor de Carlos de Blois (Charles de Blois), esposo de Xoana de Penthievre, o mesmo co seu señor Hervé de Léon, quen foi feito prisioneiro en 1342 no castelo de Perzleac’h en Tregarantec e levado a Inglaterra. A cidade caeu en poder do outro pretendente o ducado , Xoán de Monfort (Jean de Monfort), e non foi liberada por Carlos de Blois ata o ano 1351. A morte deste na batalla de Auray (1364), o duque Xoán IV o Conquistador veu a Lesneven e colocou a primeira pedra de igrexa da Nosa Senora de Le Folgoët.
lesneven2.jpg

En 1372 os habitantes, fartos do xugo que lles impoñía a ocupación extranxeira, debido a “anglomanía” do duque, subleváronse pedindo axuda a Robert de Guitté e masacraron a tódolos ingleses que estaban refuxiados no castelo. As represalias sucedéronse dun e doutro bando e no ano 1374, Xoán de Monfort retomou a praza e pasou a coitelo a toda a guarnición francesa. Duguesclin apoderouse de Lesneven o ano seguinte.
O longo período de calma que seguiu a estas guerras, estivo marcado pola predicación de San Vicente Ferrer (1417), dominico español nado en Valencia en 1350 e morto en Vannes (Bretaña) en 1419, de quen a igrexa de San Miguel conservou o seu bonete durante tres séculos; pola visita en 1506 de Ana de Bretaña, que foi raíña de Francia o casar primeiro con Carlos XIII, e o morrer este, o casar despois con Luís XII; por unha terrible peste, no ano 1509, sen falar dos tensos da nobreza leonarda, que, de 1426 a 1589, tiveron lugar alternativamente en Lesneven, Gouesnou e Saint Pol.
Considerada como capital xudicial e administrativa do ” Pays de Léon” (era capital do senescalado de 65 parroquias), mentres que Saint Pol era a relixiosa, Lesneven tiña unha importante audiencia real nos lindes fixados no ano 1565 por un edicto de Carlos IX.
Durante as desordes da Liga, os habitantes da cidade e das parroquias veciñas adheríronse a Santa Unión, pero os campesiños cansados das pillaxes dos Coligados, asasinaron a douscentos deles que estaban atrincheirados na capela de Creachmiquel, a finais de Xuño de 1594. Atacados a súa vez pola “Magnanne” tiveron que fuxir deixando dous mil dos seus no lugar da batalla. Semellante carnicería fixo abandonar a causa ós partisans de Mercocur, e o 8 de Agosto seguinte os fidalgos do pais, reunidos en Le Folgoët, sometéronse o gobernador realista de Brest, Rieulx de Sourdéac.
Despois desta turbulenta época, os feitos mais sobresaíntes da crónica lesnevense limítanse as fundacións de conventos: o de Recollets (1625), o das Ursulinas (1678) e o das Misións Bretonas do padre Maunoir en 1669 e 1678, así coma a construcción da igrexa parroquial de San Miguel iniciada en 1754 e terminada en 1763. No ano 1790 a poboación de Lesneven era de uns 2.400 habitantes.
Segundo Guy de Borgne, a cidade tiña por armas “Partido de Francia e de Bretaña”. Sen embargo, o Armorial (libro de brasóns e escudos) de 1656 describía o brasón de Lesneven da seguinte maneira: “sobre ouro un león de sable (negro) coroado do mesmo e levando nas patas dianteiras un guión de azur (azul) cargado dunha flor de lis en ouro”. Escudo que actualmente segue ostentando a cidade.
O crearse os departamentos, Lesneven pasou a ser tan so capital de cantón despois de ter desempeñado unha función de cabeceira dun dos distritos de Finistére.
A poboación sempre se opuxo os sacerdotes que impoñían a súa autoridade coas armas. Esto provocou que en Marzo de 1793 os habitantes se sublevasen aproveitando o levantamento popular e que sofocou enerxicamente o xeneral Canclaus, cuxo tráxico final foi a execución o 22 de Abril, na praza principal de Lesneven de un dos xefes da revolta, Jean Prigent, alcalde de Plouzévédé. O rector de San Miguel, M. Coat. foi arrestado e levado a prisión de Quimper, onde morreu de fame oito anos mais tarde O 14 de Abril de 1794, dous vicarios de Kerlouan, Habasque e Péton, foron arrestados e axustizados na guillotina en Lesneven.
Lesneven-Vista-7.jpg

A igrexa de San Miguel foi reconstruída no século XVIII de forma vistosa pero sen estilo. Exteriormente so ten algo de mérito o adro. Destaca esta igrexa por sela única de Bretaña que carece de unha cúpula aguzada, xa que na Segunda Guerra Mundial, ben os alemáns que ocuparon a cidade establecendo o cuartel xeral no castelo de Kerlaouen ou ben os americanos que a liberaron encargáronse da súa destrucción e ata o día de hoxe non foi reconstruída.
Do castelo ducal de Lesneven so queda como lembranza os nomes de dúas rúas, Chäteau e Douves. A actual casa do concello ocupa parte do seu emprazamento. Tiña unha capela particular dedicada a Sain Yves, cun retablo dourado. Este oratorio derrubouse no ano 1713. Os traballos de construcción da prisión no ano 1782 descubriron algúns vestixios da antiga fortaleza e unha sala abovedada da planta octogonal.
Lesneven-Vista-4.jpg

O convento de Récollets foi fundado no ano 1625, sendo o seu principal benefactor Jacques Barbier, señor dc Kernao e gobernador de Lesneven. O seu fillo, Alain Barbier, tamén gobernador da cidade e as cinco parroquias dos arredores mostrouse igualmente xeneroso cos monxes. En 1630 deulles unha parte da súa biblioteca e fixo construír no norte da súa igrexa unha capela dedicada a Nosa Señora de Loreto, ornamentada cun retablo obra de Pierre Lourdel. A Revolución suprimiu este convento en 1791, a pesar dos esforzos dos habitantes para que seguise existindo.
O colexio Saint Francois
Anos mais tarde, en 1833, o abade Hervé Roudaut, rector de PlounéourTrez, creou neste antigo convento un colexio en forma de pensionado e dous anos mais tarde pasou a ser municipal. No ano 1914 converteuse en colexio universitario e ata o ano 1975 estivo sempre dirixido por relixiosos. Nese ano fíxose cargo da dirección o primeiro laico, Desire Quiviger, función que segue desempeñando na actualidade.
O Colexio Liceo Saint Francois, nome co que se lle coñece dende 1961, é unha institución que goza dun merecido e recoñecido prestixio en toda a rexión e polo que pasaron figuras ilustres que tiveron unha importancia relevante no pais. Actualmente estudian nel mais de mil cincocentos alumnos con un centenar de mestres.
O retiro do Sagrado Corazón
No 1978 cumpriuse o terceiro centenario da chegada das Ursulinas a Lesneven. En efecto, o 23 de Marzo de 1678, a irma Cecilia de Louet de Coatjunval (Ploudaniel) deixou a casa de Saint Pol de Léon xunto con algunhas compañeiras para ocupar na cidade de Even a misión dos benedictinos.
A comunidade medrou rapidamente e no ano 1713, corenta relixiosas adicabanse o ensino gratuito das xoves pobres. O edificio principal foi construido entre 1737 e 1740 e as ás da capela en 1720 e 1740. O claustro interior, con columnas de granito, dáballe un aspecto monástico.
En Xaneiro de 1828, as Irnans do Retiro de Angers sucederon as Ursulinas, quen a raíz da Revolución tiveron que abandona-lo convento. Estiveron na cidade ata o ano 1973.
O xardinhorta estaba no interior do claustro, sendo substituído hoxe por un xardín mais frondoso. A pesar do incendio do 23 de Decembro de 1938, a fachada e os principais edificios non cambiaron de aspecto. O teito foi modificado e o tradicional de bufardas e lousa foi sustutuido por un plano e de zinc.
Despois de 1973 este convento convértese en Casa Albergue, utilizada polas diversas asociacións e sociedades, tanto locais coma rexionais, para reunións, seminarios, exposicións, comidas, etc.
O museo do “PAYS DE LÉON”
Este antigo convento tamén e se do Museo de Léon. Nel presentase de forma xeral a prehistoria, historia, etnografía e a arte do Léon bretón, comarca natural situada no Noroeste de Bretaña entre a Mancha o Norte e Oeste, os Montes de Arree o Sur e o río de Morlaix o Leste.
Ocupa a antiga capela do convento e ten sete salas: O Léon prehistórico, o Léon galorrománico, o Léon bretón, Lesneven, cidade histórica, a arte relixiosa, mobles e traxes e paisaxes de Léon.
Foi inaugurado o 20 de Decembro de 1985 e e un dos mais importantes da rexión. Desde 1993 conta cunha sala dedicada a Galicia e As Pontes, na que están expostas diversas pezas de artesanía de madeira, dous traxes rexionais e diverso material bibliográfico relativo a Galicia e As Pontes. Material que foi doado pola Asociación de Irmanamento pontesa.
O Xeneral Le Flö e outros fillos ilustres
O mais ilustre dos fillos de Lesneven e sen dubida ningunha o xeneral Le Flö, de quen a maxestosa estatua eríxese na praza principal da cidade, enfronte da igrexa de San Miguel.
Lesneven-Vista-1.jpg

Adolphe Emmanuel Charles Le Flö fillo dun xuíz de paz de Lesneven naceu en 1804. Saíu da escola militar de Saint Cyr co emprego de Subtenente. Destacou na campaña de Alxeria e na toma de Constantinopla (1840). Durante a Revolución de Febreiro de 1848 representou a Francia diante do zar Nicolás e despois foi membro da Asamblea Constitucional. Ó mostrar oposición a política de Napoleón foi arrestado na noite do golpe de Estado do 2 de Decembro de 1851 e conducido prisioneiro o forte de Vincennes, exiliándose posteriormente na illa anglonormanda de Jersey. Volta a Francia en 1859 e durante todo o Imperio mantense afastado da actividade publica. A caída daquel e nomeado ministro da Guerra polo goberno de Defensa Nacional e reintegrado a actividade no exercito. Volve a ser elixido membro da Asemblea Nacional e posteriormente e nomeado embaixador de Francia en San Petersburgo, onde desempeñou un importante papel, salvando incluso o seu pais dunha guerra contra Alemania (1875).
No ano 1879 e substituído como embaixador polo tamén xeneral Chancy, retirándose da actividade publica, morrendo o 16 de Decembro de 1887 no seu Castelo de Nec’hoat, cerca de Morlaix. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Ploujean. Foi o principal impulsor da Alianza Francorrusa.
Outro fillo de Lesneven dunha importante relevancia foi o doutor Salaun Penquer, que chegou a ser alcalde de Brest, conselleiro rexional e presidente do máximo organismo departamental.
Naceu en Lesneven en 1829 e morreu en 1882.
Lesneven tamen veu nacer a Daniel Louis Miorcec de Kerdanet (17921874), o erudito escritor o que se lle deben traballos útiles sobre Bretaña, destacando a edicion de “Vies des Saintes de la Bretagne-Armorique” (Vida dos Santos de BretañaArmórica, 1837), “Notice sur ville de Lesneven” (Notas da cidade de Lesneven, 1825) e “Histoire de Lesneven” (Historia de Lesneven 1844).
Tamén hai que citar o pintor e vidreiro Alain Cap (15781644) cos seus traballos nas catedrais de Quimper e Saint Pol de Léon; o escultor Bours, autor dalgunhas belas obras, como o “Bon Pastor”, de mármore branco, que esta no cemiterio de Lesneven, e o “Anxo da Morte”, tamén de mármore branco, que se atopa no cemiterio de Ploujean, cerca de Morlaix; o relixioso Carme Irénée de Saint-Jacques (Jacques de Goasmoal), que publicou algúns libros de Teoloxia. O seu contemporaneo e tamen relixioso, Bernard du Saint Sprit, autor de obras en lingua bretona, e Martial Testard du Cosquer, arcebispo de Porto Phíncipe (Haití), morto en 1869, tamen naceron en Lesneven.
Lesneven hoxe
Xeograficamente atópase o Norte do departamento de Finisteré sobre unha planicie inclinada de Sur a Norte, sen ningunha clase dc accidentes orográficos e unha altitude que vai dos 17 os 80 metros sobre o nivel do mar. Unha altitude relativalmente baixa se a comparamos cos 347 metros aque se atopa As Pontes. Dita planicie esta cortada por tres pequenos vales, separados por varios afluentes do río Quillimadec.
Lesneven-Vista-3.jpg

A cidade atópase no centro do seu cantón (división administrativa entre o departamento e o concello), que comprende doce concellos, a maioria deles con superficies inferiores os quince quilometros cadrados, agas Ploudaniel, Plouider e Kerlouan, e por conseguinte moi pouco poboados, ainda que a densidade e elevada (140 hab/km2).
A poboacion do canton e duns 22.000 habitantes ( 199l ) repartidos nunha superficie de 157’60 quilómetros cadrados, a extension que tiña antes o municipio de As Pontes. Hai que ter en conta que o departamento de Finistére, cunha superficie algo inferior a de A Coruña, ten 54 cantons e 283 municipios, mentres que a provincia coruñesa ten 94 concellos e Galicia 313. O mesmo tempo, Lesneven é a Sé do SIVOM, mancomunidade que agrupa a nove concellos.
En canto a sua economia hai que sinalar que a cidade non ten industrias de importancia. Na vecina Ploudaniel cidade unida a Lesneven o mesmo que Le Folgoet atópase a industria láctea de Even. Lesneven é sobre todo un centro comercial, agrícola e gandeiro. A maioría dos lesnevenses traballan no comercio, os servicios e o ensino. Outros fano fora da cidade: leitería de Ploudaniel, arsenal e base naval de Brest e na base aeronaval de Landivisiau.
A vida cultural ven animada polos dez colexios (Jacques Prevert, Antoine de SaintExupery, Argoat, Sagrado Corazón, Saint Francois, Nosa Señora de Lourdes, Cleusmeur, Instituto Rural, Diwan e Centro TyarGwenan), nos que estudian uns cinco mil estudiantes. Por iso, Lesneven presume, con razón, de sela cidade mais escolarizada de Francia.
Lesneven-Vista-9.jpg

A Cidade ten o Circulo de Historia e Arqueoloxía, o xa dito Museo de Léon, o Centro SocioCultural da Rexión de Lesneven, a Coral da Costa das Lendas, a banda de musica Lira Lesnevense e as asociacións de irmanamento, coa cidade galesa de Carmarthen (1982) e o mais recente de As Pontes (1991).
O fútbol, balonmán, atletismo, tenis, ciclismo e a patinaxe son os deportes mais practicados. A cidade ten catro campos de fútbol, unha pista de atletismo, cinco polideportivos, un velódromo e unha piscina.
A pesar do seu brillante pasado, os escritores difiren moito nas súas opinións sobre a cidade. Scribe sitúa en Vannes e Haley en Poitou. Du Cleuziou viuna coma unha inculta e indecorosa cidade de mercado; Louis Guillet coma unha adormecida gran aldea. Polo contrario, Brousmiche espráiase longamente nas súas casas ben construídas e limpas; para Sarcey era un oasis de vida temporal, e nos días do rei Luís XIV, Le Bihan, describiuna como un lugar de coñecemento.
Sen dar demasiada importancia a estas contradictorias opinións, a miúdo superficiais ou humorísticas, Lesneven mantívose realista, sen ser presuntuosa e fiel a súa historia.
Este autor, nas súas viaxes a este recuncho de Bretaña, viuna coma unha cidade pequena, tranquila e agradable, na que todo xira en torno a praza Le Flö, e que a simple vista denota haber tido un pasado histórico mais activo ca hoxe. En resume, unha vila que merece a pena visitar, sobre todo nos seus buliciosos luns de feira.
Antón Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios