Licitación do contrato da obra de capa de rodaxe da pista de karts e circuíto de seguridade viaria

O pasado 20 de decembro o DOG publicaba o anuncio con orzamento base de licitación total, con IVE de 160.459,50 €.

O pasado 20 de decembro o DOG publicaba o anuncio con orzamento base de licitación total, con IVE de 160.459,50 €.

O contrato ten por obxecto a execución da obra “Capa de rodadura da pista de karts das Pontes e circuíto de seguridade viaria”, financiada con fondos propios do concello. A obra executarase con suxeición ao proxecto técnico que redactou o enxeñeiro de caminos, canles e portos Miguel Ángel Fernández Rivera en outubro de 2016 integrado polos documentos enumerados no artigo 123 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante TRLCSP), incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, de acordo co disposto no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co establecido no art. 4 do R.D. 105/2008.

O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, polo que ten carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro.

O prazo de presentación de ofertas é de vinte e seis (26) días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia.

Más información en http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=83388

También podría gustarte
Comentarios