Amigus
As Pontes

LIGA DE CORUÑA DE FÚTBOL 7. CD AS PONTES 3 – SANTA CRUZ CF 2.

Magnífica sexta vitoria consecutiva do equipo azul

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nesta Liga interminable que teñen as pobres cativas; o resto de equipos xa acabaron hai tempo e aquí incluso restan varias xornadas; magnífico triunfo do feminino pontés 3-2, que se adiantou 2-0 cos tantos de Indira e Carlota, e pese ao empate visitante, un tanto de Noelia Ameneiro daba os tres puntos ás de Jose Seco.

Magnífica primeira posición con 18 puntos e seis triunfos consecutivos, pese a que restan dúas xornadas como visitante, ante Dorneda, inmediato perseguidor empatado a puntos, e Laracha, e unha como local, ante o Relámpago.

Xogaron Laura, Lucía, Indira, Noelia, Sara, Carlota, Nerea, Kenin. Encontro arbitrado por Julen Martínez Galego.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios