LIGA DE ESCOLAS HOCKEI A PATÍNS
Levouse a cabo este sábado á mañá no Pavillón da Magdalena con participación de cinco equipos
Este sábado á mañá levouse a cabo no Pavillón da Magdalena pontés a Liga de Escolas de Hockei a Patíns. Organizado polo clube local, coa colaboración do Concello e Deputación, o torneo disputouse en formato de todos contra todos, sen pausas, e con dous partidos simultáneos, a media pista.
Participaban os equipos coruñeses Club Riazor e Colexio Obradoiro, o ferrolán Compañía de María, o vilalbés Colexio Insua Bermúdez e o local Hockei Club As Pontes. Os resultados foron o de menos, xa que a finalidade do evento era a convivencia entre cativos, e disfrutar, aprender e practicar este apaixonante deporte.
Nova cortesía Xose Ferreiro e Miguel Ferreiro