LIGA DE FERROL INFANTIL. CD AS PONTES 4 – CEDEIRA SD 0
Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes
O Infantil pontés dirixido por Javi González gañou esta fin de semana 4-0 ao Cedeira, cos goles de Xandre Domínguez, Xoel Galego, Lucas Blanco e Iván Rodríguez.
O equipo branquinegro contaba con tres rapaciñas no seu once titular. Os azuis son sextos con 7 puntos, con próxima visita ao Narón O Freixo, cuarto con 9.
Nova cortesía de Raimundo Carballo