PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 6 – COVIRÁN QUIROGA FS 8

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

194

Primeiro partido do Lago DVSport neste 2023, en As Pontes, pois a semana pasada gañaron en Sarria 4-6 a Os Meigallos.

Non puido ser no encontro deste domingo onde o cadro pontés foi sempre a remolque todo o partido, non podendo conseguir ningún punto, a pesar dos tantos de Rober (2), Dani (2), Borja, e Santi.

Rematan a primeira volta sétimos con 24 puntos, antes de iniciar a segunda recibindo ao histórico Troula de Betanzos, segundo clasificado.

Curioso bagaxe do cadro pontés que gañou 8 partidos con 7 derrotas e ningún empate, pero é que ademais é igual de efectivo en casa como fora, con catro vitorias locais e outras catro a domicilio.

Xogaron Sergio, Borja, Diego, Adrián Bellas, Dani; Jacobo, Santi, Rober Paz.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios