LIGA DE VETERANOS DE AS PONTES 2022-23

Disputouse esta fin de semana a primeira xornada deste 2023

159

Primeira xornada deste 2023, e poucas sorpresas na Liga pontesa de Veteranos. Na zona alta o líder La Galaxia gañou 2-0 a Jeycar, mesmo resultado de A Cepa contra MMYPEM.

A goleada da xornada foi o 6-0 do Estanco Mari Carmen a Electricidad J&O, e no outro encontro da fin de semana 4-0 venceu o Bar Encanto a As Pontes 74.

Lidera La Galaxia Venus con 26 puntos, seguido de Estanco Mari Carmen con 24, e A Cepa 23, con Muebles Eume 19 pero un encontro menos.

Bar Encanto Lecar 712 ten 13, Jeycar 10, e MMYPEM 8. Na parte baixa Electricidad J&O suma 3 puntos e menos un o As Pontes 74.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios