SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS 7 – CAFÉ CANDELAS O PARRULO B FS 4

Gran remontada do equipo pontés nos últimos minutos conseguindo tres valiosos puntos

132

Derbi este sábado as 17h, e partido moi interesante entre O Esteo e O Parrulo B, coma o Liceo-Voltregá da mesma hora, e o ambiente no pequeno Monte Caxado era de gala, como así o necesitaba o cadro pontés, Puidose ver ao ex adestrador do mítico Autos Puentes, o gran Pablo Prieto.

No tocante ao encontro gran e sufrida vitoria, como non podía ser menos, do Esteo 7-4 ante o filial parrulo. Novamente foi a remolque o cadro local ante un conxunto que está a realizar unha gran campaña, pois está sexto clasificado a un so punto do play off.

Os ferroláns puxeronse por diante dende o inicio e chegaron a estar 1-3 e 2-4, pero outra vez, coma a semana pasada co Guardo, o Esteo anotou tres tantos nos útimos tres minutos, daquela serviu para empatar 7-7, e hoxe os goles de Cokito, Jhony e un desafortunado de Alonso cabeceando cara atrás deron un triunfo vital aos de Senén.

Os locais quedan undécimos, sextos pola cola, con 20 puntos, cun colchón de cinco sobre o descenso, pero a vindeira xornada toca outra batalla, duelo directo ante o Unión Arroyo de Valladolid, antepenúltimo con 12 puntos.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Héctor, Jhony, Jandro – Troncho, Eloy, Adrián, Guillán.

CAFÉ CANDELAS O PARRULO B FS. Daniel Gabeiras, Alejandro, Alonso, Miguel, Noel – Borja, Yago, Daniel, Aarón, Iván, Mathias.

GOLES. 0-1, Aarón (3´), 1-1, Jandro (4´), 1-2, Mathias (6´), 1-3, Daniel (1o´), 2-3, Cokito (18´). 2-4, Caeiro (24´), 3-4, Jhony (25´), 4-4, Héctor (32´), 5-4, Cokito (37´), 6-4, Jhony (38´), 7-4, Alonso, pp (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Cokito, Adrián, Miguel, Noel. Expulsado o porteiro visitante Daniel Gabeiras con vermello directo (16´). Máis de 100 espectadores espectadores no Monte Caxado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios