TERCEIRA DIVISIÓN GALEGA CORUÑA – FERROL – LUGO. GRUPO B. CB AS PONTES 69 – CB OLEIROS 59
Brillante primeira vitoria do equipo pontés
O equipo pontés de baloncesto logrou unha importante vitoria ante o cadro coruñés do CB Oleiros no encontro disputado na noite do sábado no Monte Caxado por 69-59.
Ao descasno chegabase cun axustado 31-37, e ao último cuarto con 44-48. Pero cun fulgurante 25-11 nos últimos dez minutos os locais lograron unha clara vitoria, anotando Alejandro Pardo 26 puntos.
Próxima xornada, so quedan catro, visita a La Goleta de Betanzos, cuarto clasificado.
Nova cortesía de Xose Ferreiro