LIGA CADETE DE FERROL. CD AS PONTES 1 – SCDR GALICIA DE CARANZA B 2

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Apenas un día despois de Reis volveron os Cadetes do As Pontes á competición ligueira para enfrontarse co Caranza B.

O equipo caranceño logrou a súa primeira vitoria tras tres derrotas consecutivas, co que iguala aos ponteses que suman os mesmos números que os visitantes.

Comezaron adiantandose os azuis cun tanto de Antonio, pero deron a volta os ferroláns con dous goles de Alexanco e Tiago.

Os azuis son oitavos con tres puntos antes de recibir ao Ánimas, aínda sen puntuar.

Nova cortesía Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios