PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 0 – SD SOFÁN 0

Partido este domingo á tarde no Campo do Poboado

Reparto de puntos no encontro disputado este domingo á tarde no Campo de O Poboado. O primeiro encontro do ano que supoñía o debut de Pepe Mariño estivo marcado pola chuvia e a auga no campo que facía moi complicado o xogo.

Apenas resaltar polos locais un tiro cruzado de Luis que marcha rozando o pau (57´), e unha falta axustada de Brais. Polos visitantes unha ocasión moi clara de Iván que tras xogada de estratexia cabeceou fora en posición inmellorable (35´), e un remate moi axustado de Fabián que desvía a córner como puido Valentín.

Quintos pola cola con 16 puntos, próxima visita na penúltima xornada da primeira volta ao Ordes, decimoterceiro con 22, con 10 puntos nas últimas catro xornadas.

CD As Pontes. Valentín, Criado, David (Luis 23´), Martínez, Traba, Rogerio, Jandro, Jerome (Jaime 57´), Tijan, Brais (Fernández 70´), Samuel.

SD Sofán. Brais, Iván (Gallego 88´), Noé, Gody, Canedo (Alexandre 57´), Fabián, Pena (Eibe 67´), Dani, Pablo, Paulo (Taibo 76´), Bandera (Junio 60´).

Árbitro. Calviño Pensado. Auxiliado por Álvarez Cebreiro e Castro Liñares. Amarelas a Jandro, Traba, Luis, Valentín, Junio e Taibo.

Incidencias. Campo de O Poboado, en tarde fría e moi chuviosa. Uns 80 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios