Gran triunfo do As Pontes Infantil que sigue líder a falta de dous encontros ante o Caranza B a domicilio e Club de Campo na casa.
E iso que mal se lle poñían as cousas aos locais cun gol en propia meta, e a pesar do empate de Ander Blanco, os visitantes voltaban a adiantarse por medio dun sorprendente tanto do seu porteiro cun tiro lonxano dende a súa área facendo o 1-2 co que se chegou ao descanso.
Na segunda metade os de Samuel e Alex Fresco xa foron un vendaval e cos tantos consecutivos de David Barro, Fran Fernández (2) e Daniel Peña sentenciaban o encontro, recurtando distancias os pontedeumeses co 5-3.
Son líderes con 31 puntos, cinco por riba do Portuarios e seis por riba do Eume, con dúas xornadas por xogar, e conseguindo un punto máis xa serían campións matemáticos.
Xogaron Rodrigo, Manuel, Diego, Iván, Adrián Maroño, Juan, Adrián Ameneiro, Ander, David, Daniel, Xabi; Gael, Javier, Francisco, Thiago e Simón.
Nova cortesía Xose Ferreiro













































































































































Nova cortesía Xose Ferreiro