LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 4 –SD RÁPIDO DE NEDA 1

Partido este sábado á tarde no Anexo Jose

Vitoria do Xuvenil pontés este sábado á tarde nun encontro no que anotaron dous tantos nos primeiros cinco minutos Carlos e Antón, e trala reanudación marcou o terceiro Anxo Blanco.

Os visitantes recurtaron distancias por medio de Mouhamadou, pero xa nas postrimerías foi Xoel o que estableceu o definitivo e tranquilizador 4-1.

Os de Joaquín Breijo son quintos con 25 puntos. Xogaron Regueiro, Adrián, Bruno, Samuel, Fraga, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Antón, e despois Rey, Ángel, Sergio e Tadios.

Próximas visitas durante a vindeira semana a Cedeira, decimoquinto, e Racing San Pedro, decimo séptimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios