SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 6 – ATLÉTICO SAN PEDRO 0

Partido este sábado á noite no Evaristo Puentes

160

Gran triunfo do equipo pontés de Veteranos por 6-0, nun encontro que xa deixou resolto 3-0 ao descanso ante o conxunto de Oleiros.

Un tempraneiro gol de Púas, que tivo que retirarse por un corte na cella nun golpe co porteiro visitante, e os posteriores, de Couso, Alberto, e de Javi, Borja e Iván no último cuarto de hora, deron tres puntos a un conxunto de Felipe Mieres en racha.

I é que os azuis gañaron a semana pasada ante o seu gran rival da tempada pasada, Sigras, 2-3, e co triunfo de hoxe suman pleno de 12 puntos nos derradeiros catro encontros.

Son quintos con 19 puntos con próxima visita ao Pastoriza, terceiro con 21.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios