LIGA DE FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 4 – SRD PORTUARIOS 1

Partido este sábado á tarde no Anexo Jose

Vitoria do Xuvenil pontés 4-1 contra o Portuarios de Ferrol antes de despedir o 2022.

Puxeron terra de por medio na primeira mteade cos tantos de Adrián Piñón e Xoel Purriños, e xa no principio do segundo período sentenciaron cos goles de Ángel Purriños e Antón Varela, de penalti. Preto do final anotou Lucas o da honra.

Os de Joaquín Breijo rematan o ano quintos con 32 puntos, e xa no 2023 finalizarán a primeira volta visitando ao Eume, e logo iniciarán a segunda tamén rendindo visita ás terras do gran Marcelino contra o Numancia.

Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Anxo Rey, Mario, Carlos, Xoel, Xandre, Anxo Blanco, Ángel, Antón, e no segundo período David, Borja, Tadios, Sergio Ramil e Sergio Hermida.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios