PREFERENTE NORTE. ROVIL STUDIO LAGO DVSPORT 2 – GRUPO FORMAT VILALBA B FS 5
Derbi este mércores á noite no Monte Caxado
Este mércores, en partido adiantado a 13ª xornada se enfontaban no Monte Caxado o equipo pontés do Lago contra o filial vilalbés.
Un conxunto vilalbés, dirixido polo gran Isma Vázquez, ex Santiago Futsal, que viña de derrotar na pasada xornada nin máis nin menos que 10-2 a todo un Troula de Betanzos, segundo.
Na primeira metade adiantaronse os locais por medio de Borja, pero os lucenses apretaron chegando a estrelar incluso tres balóns na madeira ata que conseguiu o empate Adrián a pouco do descanso tras unha perda de balón do equipo azul.
A segunda metade comezou cun desafortunado gol en propia meta e logo Miguel facía o terceiro. Os últimos minutos con porteiro xogador serviron para ver o gol de Adrián Meizoso para os azuis, e o de Daniel, e a sentencia de Adrián nos últimos segundos para os villabeses.
Á espera do resto de partidos da xornada, os verdibrancos asaltan a segunda posición con 24 puntos, e quedan os azuis sétimos con 21.
Os de Diego Paz “Vinicius” voltarán á competición, xa no 2023, despois de Reis, visitando ao Meigallos de Sarria na penúltima xornada da primeira volta.
Xogaron Sergio, Jacobo, Adrián Meizoso, Pablo, Dani; Pelu, Borja, Diego, Rober, Adrián Bellas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro