Contundente triunfo este sábado, nunha tarde-noite chuviosa, no Campo Anexo Jose, do Xuvenil pontés ante o Miño por 5 tantos 1.
Xa ao descanso marchaba co tanteo resolto de 4-0 contra un equipo que ía clasificado dous puntos por riba. Maquillaron os visitantes o marcador cun penalti.
Tres goles de Anxo Blanco, e un de Xoel Purriños e Antón Varela. Xogaron Joel, Rey, Bruno, Samuel, Torrente, Carlos, Xoel, Xandre, Blanco, Jandro, Antón, e no segundo período Regueiro, Yeray, Ángel, David e Sergio.
Os azuis son sextos con 19 puntos, con próxima visita ao Ortigueira, que é duodécimo con 13.
Nova cortesía de Xose Ferreiro