Amigus
As Pontes

SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 5 – UDJ DE ALMEIRAS 0

Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Contundente triunfo do equipo de veteranos pontés dirixido por Felipe Mieres este sábado á tarde noite no campo artificial por 5-0 ante o conxunto de Culleredo.

Pese ao que indica o marcador o encontro non foi nada doado pois ao descanso apenas se marchou 1-0 cun solitario tanto de Púas, a pesar de ter moitas ocasións.

Foi no segundo período que se resolveu o partido con outro tanto de Óscar Barro “Púas”, Iván, e dous de Marcos Reboredo, que fora Campión de España Cadete coa Selección Galega de Fútbol Sala nun 6-4 ao País Vasco en 1995, tamén con dous tantos seus.

O equipo pontés comezou algo baixo esta súa nova andaina nesta superior categoría, pero nos últimos cinco encontros sumou catro triunfos, o de hoxe, Larín (3-0), Ciudad (1-2) e Silva (0-2), so perdendo entremedias co líder Curtis (2-3).

Estes bos resultados fan que se sitúen nunha zona máis cómoda, oitavos con 13 puntos antes de visitar ao Sigras, equipo que o acompañou no ascenso na campaña anterior, e tamén coma na clasificación final 2021-22 marcha un punto por riba.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios