PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 2 – AMARELLE CONCELLO DE SANTA COMBA 3.

Partido este sábado á noite no Monte Caxado

Derrota pola mínima do equipo feminino pontés ante o máis veterano cadro de Santa Comba, terceiro clasificado, so por detrás de Villestro e O Parrulo, que se adiantou cun 0-3.

Pero nos últimos minutos, aparte das boas paradas de Paula Baamonde que mantiveron ao equipo no partido, un golazo de Carol que entrou pola escadra e outro de Paula Castro apretaron o marcador.

Pero non houbo tempo para máis, e as de Jacobo Barro, que están facendo unha boa campaña, son sextas con 12 puntos antes de visitar á Gaiola de Santiago, quinto cos mesmos puntos.

Xogaron Paula Baamonde, Uxía Cupeiro, Paula Castro, Andrea, Carol; Carolina, Nerea, Carla e Uxía Pico.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios