Amigus
As Pontes

35 ANIVERSARIO DO HOCKEI A PATÍNS EN AS PONTES

Tarde máxica este sábado no Pavillón de A Magdalena

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este sábado á tarde tiveron lugar os actos conmemorativos do 35º aniversario dos inicios deste maravilloso deporte do Hockey a Patíns na localidade pontesa.

Coincidencias do destino, apenas unha semana despois de rematar os World Roller Games na Arxentina; co triplete local, e co amargo consuelo de que España sigue liderando o medalleiro de cada categoría, Masculino (17 ouros), Feminino (7) e Junior (5); celebrouse este acto que estivo moi ben organizado.

Foron eses inicios do hockey pontés en 1987, que chegou a ter unha primeira Liga Local con case quince equipos de colexios, e xa co paso dos anos houbo conxuntos Senior tanto feminino coma masculino de A Magdalena, que precisamente fora o campión desa primeira edición ligueira por diante de Santa María e Monte Caxado.

Co gran logro do Infantil de A Magdalena en 1992, quen tras superar unha dura fase con Flix, Alcobendas e Alcañiz, clasificara para xogar a Fase final do Campionato de España no que se deu o gusto de empatar 2-2 contra o definitivo campión imbatido, o Horta barcelonés.

Pero As Pontes tamén organizou eventos de gran calado, nin máis nin menos que no ano 1994, o Pavillón de A Fraga foi sede dunha Supercopa de España, gañando o Igualada 6-3 ao glorioso Liceo, aquel equipo igualadino das seis Copas de Europa nos anos 90. Tamén o Pavillón da Fraga fora sede dun Campionato de España Alevín ou Infantil gañado polo Flix catalán aló polo ano 1991.

Tras eses maravillosos anos 80-90, o Hockey a Patíns perdeu protagonismo na nosa vila, algo que se está encargando de recuperar nunha gran laboura o As Pontes Hockey Club nestes últimos anos coa súa canteira de rapaces e rapazas.

No acto conmemorativo de onte disputaronse varios partidos coa única finalidade do divertimento, o recordo e o reencontro, os máis pequenos contra o Hockey Oroso, e despois os veteranos masculinos e femininos, xogando entre eles, mezclados, ou incluso as veteranas contra os máis noviños.

Ao remate do evento e co agradecemento da Presidenta do clube, Marta Arias, entregaronse medallas a todos os participantes, e fíxose unha homenaxe aos precursores deste deporte na nosa vila, tanto monitores, coma organizadores das primeiras Ligas.

Homenaxes a Pancho, Artemio Formoso (Campión Mundial de Tiro Handisport en 2010), ou Javi Tembrás (recolleu o premio seu fillo Gabi, Campión Europeo Junior de Taekwondo en 2013).

Tamén se rendiu tributo aos mítiquísimos adestradores, Moro (Jose Enrique García), moi feliz aos seus 73 anos, que tamén fora moitas temporadas xogador do Endesa, incluso Jerez, Torrejón, Ceuta e Lugo, e os tristemente malogrados Luis Urueña e Jose Antonio Vázquez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios