PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SD O PINO 2

Partido este domingo á tarde no Poboado

O As Pontes salvou un punto in extremis ante o cadro de O Pino nun encontro no que foi sempre a remolque.

Comezaron adiantándose os visitantes tras un balón que se lle escapa ao porteiro e non consiguen despexar lonxe os defensas, e está moi listo o capitán Fofo para mandar o balón ao fondo das mallas (30´).

Pero antes do descanso nunha das aproximacións con perigo local, primeiro tira Michel, desvía un defensa co corpo, e logo é o recén ingresado Javi Martínez o que marca de forte disparo que lle entra por baixo a Borja (35´).

Na segunda metade anotaba un gran gol Ivalotelli tras un gran quiebro e un disparo moi xustado ao pau contrario ao que non puido chegar Valentín (55´). O As Pontes buscou o empate e pouco antes do remate nunha xogada na que Michel queda so mete a punteira e acaba batendo ao porteiro visitante de disparo raso (87´).

Rescatou un punto un As Pontes que leva sete xornadas sen gañar nas que apenas sacou tres puntos. Duodécimos con 13 puntos, visitan a un Noia lanzado, terceiro con 25 puntos, a un do liderato, e que gañou 8 dos 9 últimos partidos.

2 CD As Pontes. Valentín, Criado, Tijan, Jaime (Rogerio 60´), Montes (Javi Martínez 20´), Traba, Brais (Jandro 82´), Alberto, Luis, Espeso, Michel.

2 SD O Pino. Borja, Fofo (Jesús 45´), Eloy, Ivalotelli (Mosteiro 65´), Jhony, Miguel, Polo, Julián, Artur, Suso, Figurín (Ferreiro 65´).
Goles: 0-1, Fofo (30´), 1-1, Javi Martínez (35´). 1-2, Ivalotelli (55´), 2-2, Michel (87´).

Árbitro: Crespo Rodríguez (A Coruña). Auxiliado por Dopico Pérez e Amor Vázquez. Amarelas a Alberto, Luis, Michel, Traba, Eloy, Ivalotelli, Suso e Ferreiro.

Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 75 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios