Amigus
As Pontes

LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2015/16 (16ª Xornada)

Segue o man a man entre Santaballés e Mobles Eume na liga pontesa de fútbol de veteranos.

Segue o man a man entre Santaballés e Mobles Eume na liga pontesa de fútbol de veteranos. O coeficiente particular dálle momentaneamente o liderado ó cadro chairego, que nesta xornada pasou apuros para gañar pola mínima a La Galaxia. Pola súa banda, o Mobles Eume non chegou a disputar o seu partido contra Farmavida, xa que este equipo, por lesións e asuntos laborais, presentouse con poucos xogadores, polo que se lle dá por perdido por 0-3.

Sinalar que no derradeiro partido da xornada entre MMYPEM e A Cepa gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Víctor Durán, pai do xogador da Cepa, Lolo Durán.

Terceiro na clasificación é Bar Xardín, que nesta xornada superou con claridade a Electricidad J&O. Na cuarta praza está La Galaxia con 27 puntos.

Continúa de pichichi Iván Ferreiro, de Mobles Eume, con 24 goles anotados. A segunda posición é para Javi (Bar Xardín), con 10 goles, seguido de Cazás (Bar Xardín) e Fernández (A Cepa), con nove goles cada un.
Interesante partido a vindeira xornada entre Santaballés, primeiro, e Bar Xardín, terceiro na clasificación.

16ª XORNADA 12-13 / Marzo / 2016

Santaballés – La Galaxia (1-0) Armando
Farmavida – Mobles Eume (0-3) Por lesións e traballo o Farmavida presentouse con poucos xogadores, polo que se lle dá por perdido o partido (0-3)
Bar Xardín – Electricidad J&O (5-2) Javi (4) e Pedro / Cristóbal e Manolo
As Pontes 74 – Galiorient (3-6) Vila (2) e Javi / Tomás (2), Kata (2), Vituco e Geluco
MMYPEM – A Cepa (0-2) Fernández e Alberto

CLASIFICACIÓN

1º SANTABALLÉS – 37 Puntos
2º MOBLES EUME – 37 Puntos
3º BAR XARDÍN – 32 Puntos
4º LA GALAXIA – 27 Puntos
5º AS PONTES 74 – 18 Puntos
6º GALIORIENT – 17 Puntos
7º FARMAVIDA – 17 Puntos
8º MMYPEM – 11 Puntos
9º A CEPA – 10 Puntos
10º ELECTRICIDAD J&O – 7 Puntos

GOLEADORES

IVÁN FERREIRO (M. Eume) 24
JAVI (Bar Xardín) 10
CAZÁS (Bar Xardín) 9
FERNÁNDEZ (A Cepa) 9

17ª XORNADA 19-20 / Marzo / 2016

Electricidad J&O – Farmavida (Sáb. 19, 19,00 h)
A Cepa – Mobles Eume (Sáb. 19, 20:00 h)
Santaballés – Bar Xardín (Dom. 20, 10:00h)
Galiorient – MMYPEM (Dom. 20, 11:00 h)
La Galaxia – As Pontes 74 (Dom. 20, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios