LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Fisioterapia DC-HIM&HER afiánzase no liderado da liga pontesa

A pesar de gañar con apuros ó colista Electricidad J&O (3-2), Fisioterapia DC-HIM&HER segue firme na procura do título de liga. Mobles Eume e La Galaxia non tiveron problemas para desfacerse de MMYPEM e Bar Xardín. Goleada de Galiorient (5-1) ante A Cepa, no que se notou a baixa de Fernández, o ata agora “pichichi”, que tras esta xornada é Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) ó marcar os tres goles do seu equipo diante do colista. Empate a un gol entre As Pontes 74 e Farmavida, equipo que ía por diante no marcador ata os instantes finais do encontro e con Salido como improvisado porteiro.

Como se sinala, é líder con 30 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 24. Despois están Mobles Eume conta con 22 puntos. Empatados a 19 puntos están MMYPEM e As Pontes 74. A continuación Galiorient, con 17, Farmavida e Bar Xardín con 14 puntos; A Cepa, 9, e ocupa a derradeira posición Electricidad J&O, con 8 puntos.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, é agora ó máximo goleador, con 20 tantos. A dous está Fernández, de A Cepa. Once levan marcado Martín (Mobles Eume), Fontao (La Galaxia) e Tomás (Galiorient).

Na vindeira xornada, partido interesante entre Fisioterapia DC-HIM&HER e Galiorient

12ª XORNADA 28-29 / Xaneiro / 2017

Fisioterapia DC-HIM&HER – Electricidad J&O (3-2) Iván (3) / Juan e Francisco
MMYPEM – Mobles Eume (1-3) Narciso / Martín, Diego e Manel
La Galaxia – Bar Xardín (3-1) Juan, Fontao e Óscar / Iván
As Pontes 74 – Farmavida (1-1) Paz / Tino
A Cepa – Galiorient (1-5) Alfonso / Tomás (2), Juan, Varela e Geluco

13ª XORNADA 4-5 / Febreiro / 2017

MMYPEM – As Pontes 74 (Sáb. 4, 19:00 h)
Electricidad J&O – Mobles Eume (Sáb. 4, 20:00 h)
Bar Xardín – Farmavida (Dom. 5, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 5, 11:00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 5, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios