LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

O Mav Abogados lidera a táboa en solitario tras vencer ó Muebles Eume este sábado

Interesante terceira xornada de Liga na que no duelo de equipos que sumaban os seus encontros por vitorias venceu Abogados Mav 3-1 ó Muebles Eume.

Nesta xornada tamén se produxo o primeiro hat trick da liga, a cargo de Juan, de La Galaxia, liderando a táboa de goleadores Juan Diego, do Mav Abogados, con cinco.

Con nove puntos, no alto da táboa está Mav Abogados, e con seis, Muebles Eume, La Galaxia e Bar Jardín Lecar 712. Catro puntos teñen As Pontes 74 e A Cepa, tres Galiorient e MMYPPEN, e cun punto, Farmavida e Electricidad J & O, que empataron este sábado.

3ª XORNADA
ELECTRICIDAD J&O-FARMAVIDA (1-1) (Manolo/Salido)
MUEBLES EUME-MAV ABOGADOS (1-3) (Óscar Dorado/Juan Diego 2, Iván Ferreiro)
BAR JARDÍN LECAR 712- GALIORIENT (3-1) (Peruzzi, Iván 2/Tomás)
AS PONTES 74-A CEPA (1-1) (Julio/Alberto)
MMYPEN- LA GALAXIA (3-6) (Franco, Chavo, Manolo/Juan 3, Rubén, Luis, Sito)

CALENDARIO 4ª XORNADA
21/10/2017 19:00 A Cepa -MAV Abogados
21/10/2017 20:00 Electricidad J&O – Galiorient
22/10/2017 10:00 As Pontes 74 – La Galaxia
22/10/2017 11:00 Farmavida – MMYPEN
22/10/2017 12:00 Muebles Eume – Bar Jardín Lecar 712

Nova cortesía Tino Prieto e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios