LIGA FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – SCD A CAPELA 0

Vitoria no derbi este venres á tarde no Evaristo Puentes

Vitoria do equipo feminino 2-0 no derbi ante A Capela no encontro que poñía fin á Liga no que respecta aos partidos como local no Puentes Durán.

No primeiro período Carol adiantaba de penalti ás locais e no segundo tempo poñía terra de por medio Paula Baamonde co segundo tanto. Entremedias destacar unha ocasión moi perigosa das verdibrancas que salva o pulmón Yoli, que está a todos os balóns, a Marta Torrejón do equipo azul, baixo paus.

O As Pontes suma 18 puntos, por 20 do previsible campión Maniños, e 13 do Caranza, equipo co que presumiblemente se xogarán o segundo posto na derradeira xornada.

Aínda cun último partido e a Copa pendente, moi boa temporada do cadro de Iván e Alex, sobre todo ao ter que contar con poucos efectivos partido tras partido.

Que tempos aqueles, apenas en 2008, con tanto gusto feminino pontés polo balonpé que houbo que facer equipo de fútbol once e fútbol oito, con preto de 40 cativas.

Así que ben polas que sacaron a tempada e o equipo adiante. Xogaron, a gran Silvia de porteira, Yoli, Indira, Noelia, Paula Castro, Carlota, Carolina e Paula Baamonde.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios