SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (1-4)

Derrota do Esteo antes de pechar a Liga en Santiago

Afrontaba o Esteo a derradeira xornada como teórico local, si ben é certo que nesta campaña xogou os 30 partidos de Liga todos a domicilio, trece deles nas Somozas.

Pero no derbi deste sábado o dominador foi o Cidade de Narón, que xa marchou ao descanso con 0-2 en ambos despistes defensivos, no primeiro nun doble remate so de Guillermo no que Failde fixo o que puido, e o segundo nunha xogada de estratexia que anotou completamente so Diego co tempo cumprido.

A pesar de recurtar distancias Troncho a pouco do reinicio, o segundo tempo so serviu para que o equipo azul aumentase o marcador con tantos de Pablo e o ex pontés Jacobo, e case igualase a ventaxa de catro goles do Esteo na ida.

Complicada situación do equipo pontés de cara a entrar no play off, no que necesitaría gañar na capital galega ao histórico Santiago, segundo, pois o Segosala está a un so punto e recibe a un Ribeira que non se xoga nada. Si ben é certo que tal e como comezou a Liga o equipo pontés a temporada xa está máis que conseguida.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – Alberto, JFailde, Eloy.

CIDADE DE NARÓN. Buxía, Diego, Brais, Rubén, Jacobo – Eric, Guillermo, Roberto, Iván, Fernando, Pablo.

GOLES. 0-1, Guillermo (17´), 0-2, Diego (20´). 1-2, Troncho (22´), 1-3, Pablo (33´), 1-4, Jacobo (37´).

Incidencias. Amarelas a JFailde, Héctor, Guillermo. Expulsado con doble cartón Guillán (39´). Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios