LIGA FERROL FEMININA CD AS PONTES 4 – CD ROSALÍA 2

Sufrida vitoria 4-2 do equipo feminino ate o Rosalía de Vilaboa.

Pese a comezar perdendo ao pouco do inicio, un bo tanto de Paula, que xa tivera unha ocasión antes, de forte disparo ao primeiro pau, e unha cabezada de Indira tras corner poñían o 2-1 antes do chegar ao descanso.

Trala reanudación Carol transformaba un penalti tras agarrón a Paula, pero as visitantes recurtaban distancias noutro penalti, neste caso máis sibilino, que acerta Iria pero non consigue despexar. Xa co tempo cumprido o pulmón do equipo Yoli anotaba o 4-2 definitivo.

Tres valiosos puntos para afianzar a segunda praza con 11 antes de visitar ao Discalzas. Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Paula, Carlota, Carolina e Uxía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios